25 May Comezamos a campaña visitando os arrecifes de coral
Esta edición da campaña «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovida polo GALP A Mariña Ortegal comezou hoxe coa visita do CEIP Antonio Pedrosa Latas á granxa de Coral Reef Water en Viveiro.
A actividade comezou cunha presentación onde os participantes coñeceron o traballo do GALP e aprenderon sobre os ecosistemas de arrecife para posteriormente visitar as intalacións da granxa. Alí, Vanesa mostrounos o seu proxecto e o seu traballo adicado a cría de corais tropicais para diferentes usos e aplicacións. Cabe destacar o traballo de investigación asociado á universidade, que están a realizar para darlle unha saída aos extractos de coral en aplicacións dermatolóxicas. Ademáis os escolares aprenderon sobre a bioloxía e a ecoloxía do medio mariño e a importancia de coidar os nosos mares para garantizar o benestar do planeta.