Fabricando conservas en Cariño

Fabricando conservas en Cariño

Hoxe achegámonos a Cariño co CEIP Manuel Fraga Iribarne, dentro do programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Durante a xornada visitamos a fábrica de conservas La Pureza, onde coñecimos, a través da experiencia de Mari, o proceso de fabricación dunha das mellores conservas artesanais. Sardiña, chicharo, agulla, bonito, polbo, congrio, entre outras, son as delicias que podemos atopar baixo as latas da súa fábrica. O proceso de fabricación sigue mantendo os valores tradicionais e traballando sempre o producto manualmente, como se fixo sempre.

A fábrica de conservas La Pureza fundouse no ano 1924 por Vicente Docanto Martínez, procedente dunha familia moi ligada á industria conserveira. Localízase en Cariño, porto pesqueiro de longa tradición conserveira ubicado no Cabo Ortegal.

A historia de Cariño revela que a industria conserveira remóntase nada menos que a finais do século XVIII, dando paso a unha actividade que tivo o seu florecemento nos séculos XIX e XX, ata o punto que na pasada época dos anos 60 contabilizábanse no pobo vinte fábricas conserveiras cando a súa poboación apenas alcanzaba os 5.000 habitantes.

Pola súa privilexiada situación costeira, na confluencia entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico, a Cariño chegan barcos con materia prima de óptima frescura e calidade para a súas factorías. Alí, expertas mans de principalmente mulleres, as converten en exquisitas conservas e salazóns.