Unha xornada no porto de Cariño

Unha xornada no porto de Cariño

Esta mañá, estudiantes de 1º da ESO do IES Vilar Ponte achegáronse a Cariño para coñecer este porto pesqueiro a través do programa de actividades «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Durante a xornada empapámonos de cultura mariñeira nun porto tradicionalmente ligado ao mar. Comezamos visitando a cetárea natural de A Balandra, onde aprendimos moito sobre como manter o marisco nas mellores condicións antes de vendelo, ademáis coñecimos moitas curiosidades sobre crustáceos como a centola, o lubrigante ou a nécora.  Tamén coñecimo a nova mascota da Balandra, o señor pulpo, un pequeno cefalópodo que entrou nas piscinas da cetárea e que retiraron dos tanques principais para evitar que se comera o marisco. Este animal estaba nun tanque de cuarentena e demostrou unha gran intelixencia e un compartamento asombroso cazando cangrexos para a sorpresa dos presentes.

Continuamos visitando ás Redeiras de Cariño, quenes nos ensinaron as diferentes artes de pesca que reparan e confeccionan, os escolares aprenderon tamén a utilizar as agullas e a coser algunhas redes, e sorprendéronse da estupenda labor que cada día realizan este gran equipo de profesionais do mar, que sempre nos reciben cos brazos abertos.

Para finalizar a xornada visitamos a Lonxa de Cariño, onde puidemos ver o traballo dos percebeiros, descargando percebe na Lonxa para a continuación clasificalo por tamaños, etiquetalo e vendelo. O percebe de Cariño, apañado na contorna do Cabo Ortegal, é sen dúbida un dos mellores de Galicia.

Unha excelente actividade nun porto pesqueiro único, que esperemos poder seguir coñecendo máis!!